SUBVENCIÓN XUNTA MAQUINARIA AGRÍCOLA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
EXTRACTO da Orde do 13 de abril de 2016 pola que se establecen as bases índicereguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 e se convocan para o ano 2016.

 

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as cooperativas agrarias, as cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (CUMA), as cooperativas de explotación comunitaria da terra ou sociedades agrarias de transformación.
Así pois, serán subvencionables os seguintes investimentos:
a) Maquinaria agrícola.
b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.
Non se subvencionarán:
tractora) A simple reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada.
b) O IVE e outros impostos que sexan recuperables.
c) Os investimentos en maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, nin máquinas de pequena significación para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.
d) A maquinaria e os equipamentos de carácter forestal.
Importe

O importe da axuda que se concederá a cada beneficiario será do 40 % dos custos elixibles e poderá alcanzar o 50 % no caso de que a entidade estea localizada nunha zona con limitacións naturais.

 

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Polo tanto estará aberto ata o 22 de maio de 2016.

 

Para máis información e tramitar: contáctanos!

sígueme en

Bárbara Vega

Gestor Administrativo at Vcapital
Bárbara Vega es Gestor Administrativo y Economista fundadora de Vcapital asesores.
Graduada en Administración y Dirección de Empresas por la UNED (Madrid) y Master en Fiscalidad por el Centro de Desarrollo Directivo (Gijón)
Sus aficiones son la familia, viajar y los deportes al aire libre y montaña.
sígueme en