SUBVENCIÓNS DEPUTACIÓN A CORUÑA LÍNEA PEL 2021

Dende hoxe e ata o próximo 15 de abril está aberta a convocatoria de axudas da Deputación da Coruña.

Este ano conta con 4 liñas de actuación:

PEL Emprende investimento. Para a adquisición de maquinaria, mobiliario, software e equipos informáticos. Orzamento mínimo 3.500€ e máximo de 25.000€ cunha axuda do 70% (Axuda máxima 17.500€)

PEL Emprende autónomos. Subvención dos custos de seguridade social do autónomo durante un ano. (Axuda máxima 2.400€)

PEL Pemes. Axuda para contratar que cubre ata o 70% do salario e seguridade social dun novo emprego a manter durante mínimo 12 meses. (Axuda máxima 15.400€)

PEL Pemes mantemento. Subvención do 50% dos custos, para manter o posto de traballo anteriormente creado coa medida PEL Pemes. (Axuda máxima 11.000€)

 

REQUISITOS:

Comúns as dúas primeiras liñas (Investimento e autónomos): Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, cunha antigüidade ininterrompida máxima
de 5 anos anteriores á data de publicación da convocatoria destas axudas.

No caso das PEL Pemes ese requisito de antigüidade non se ten en conta, pero o domicilio fiscal da entidade debe estar nun núcleo con poboación inferior a 20.000 habitantes.

 

BAREMACIÓN DOS PROXECTOS

1

 

2

 

 

BAREMACIÓN ADICIONAL ESPECÍFICA NO CASO DAS LIÑAS PEL PEMES

 

 

3

 

 

En GESTORÍA VCAPITAL somos expertos cunha dilatada experiencia na tramitación de axudas e subvencións. No caso de interese nestas ou noutras axudas, CONTACTA CON NÓS.

Estamos a espera de novas convocatorias de axudas para a implementación de comercio online, contratación de mulleres, inversións para autónomos con antigüidade superior a 42 meses e outras convocatorias para autónomos e PYMES.

Bárbara Vega
sígueme en